Sigue en

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Nova edición do Concurso de Redacción “O Comercio Local” 2026

Nova edición do Concurso de Redacción “O Comercio Local” 2026

Unha iniciativa pensada para o alumnado de 3º e 4º da ESO e Bacharelato, co obxectivo de concienciar ás persoas máis novas sobre a importancia do comercio de proximidade: o que dá vida ás nosas rúas, crea comunidade e forma parte da nosa identidade.

✍️ A través da escritura, búscase fomentar a reflexión sobre o consumo responsable e o valor do comercio local no día a día.

📅 Prazo aberto ata o 13 de maio

🎁 Premios para as mellores redaccións
🏫 E un premio especial para o centro con maior participación

Unha oportunidade para educar, sensibilizar e poñer en valor o comercio local entre as novas xeracións.