Namórate de Santiago e do seu COMERCIO LOCAL
Campaña día dos namorados 2024
Empezamos o 2024 coa primeira campaña do DÍA DOS NAMORADOS! Coa que comezou a festa do amor e do comercio local, porque isto non foi só un reparto de agasallos, foi unha onda de amor que invadiu os nosos comercios dende o 31 de xaneiro ata o 14 de febreiro.
Imaxinade só: tarxetas con bombóns de chocolate a voar por todo o comercio local, enchendo de sorrisos e ilusións a cada recuncho. E o mellor de todo? A resposta foi extraordinaria! Os nosos comercios asociados abrazaron a campaña con entusiasmo, e a clientela non puido resistirse a participar. O resultado? Un éxito que nos ten a todas e todos de parabéns.
Mirade estas fotos, testemuñas do amor e a actividade que encheron os nosos establecementos. Compartimos momentos moi bonitos, cargados de emoción e boas vibracións.
Esperamos que esta campaña vos enchera de alegría, porque nós xa estamos a preparar o terreo para todas as que veñen. O 2024 promete ser un ano cheo de sorpresas e emocións, e vós, ¿estades preparad@s para vivilo con nós?
#MercaNoComercioLocal