Sigue en

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Merca e Gaña 26

Merca e Gaña 26

Do 1 ao 21 de outubro merca nos comercios asociados e gaña.

5000€ en premios

A campaña “Merca e Gaña en Comercio Punto Compostela” é unha iniciativa da Asociación de Comerciantes Punto Compostela CCA coa colaboración da Federación Galega de Comercio e ABANCA.

A campaña terá lugar entre o 1 e o 21 de outubro de 2026 e nela poden participar todos os clientes, dos comercios de proximidade integrados na Asociación Comercio Punto Compostela CCA e participantes na campaña, que merquen nestas datas. Entre eles, o 23 de outubro de 2026 sortearanse 3.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:

  • 5 tarxetas prepago de 200€.
  • 20 tarxetas prepago de 100€.

Estas tarxetas regalo deberán ser empregadas para volver a mercar no comercio local participante na campaña e integrado na Asociación Comercio Punto Compostela CCA ata o 31 de decembro de 2026 engadido.

Ademáis, realizarase de forma presencial un sorteo adicional de 1 tarxeta prepago regalo de 1000€ e 2 tarxetas prepago regalo de 500€ que os gañadores deberán empregar nunha única xornada de compras. Neste sorteo poderán participar tódolos consumidores que cumpran as seguintes condicións:

  • Asistir presencialmente ao acto de entrega de premios da campaña o 30 de setembro de 2025 ás 20:30h na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
  • Aportar un ticket ou factura de compra nun comercio da Asociación Comercio Punto Compostela CCA entre o 1 de outubro de 2026 e ata o momento do inicio do acto de entrega o día 29 de outubro de 2026 cun importe igual ou maior a 20€.

Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar como consumidor a compra nesta mesma páxina web.
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a compra a través desta mesma páxina web. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, o consumidor debe fotografiar e/ou gardar o ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Asociación Comercio Punto Compostela CCA para informarlles do premio obtido. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico info@comerciogalicia.es.

Bases legais da campaña "Merca e Gaña en Comercio Punto Compostela"

1. Descrición

“MERCA E GAÑA EN COMERCIO PUNTO COMPOSTELA” é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Asociación de Comerciantes Punto Compostela CCA, coa colaboración da Federación Galega de Comercio e ABANCA. Esta última entidade aporta os premios a sortear nesta campaña, consistentes en TARXETAS PREPAGO polos importes que se especificarán no apartado “4. Premios” e que deberán ser utilizadas de novo polos agraciados para mercar no comercio de proximidade galego..

A “Edición 2026” desta campaña promocional iniciarase en data de 1 de outubro de 2026 e rematará o 21 de outubro de 2026, ambas engadidas. O ámbito da campaña é o Concello de Santiago de Compostela, podendo participar consumidores/clientela dos establecementos integrados na Asociación de Comercio Punto Compostela CCA, segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases.

2. Obxectivo

O obxectivo fundamental da campaña é incrmentar as vendas e incentivar o consumo no comercio local de Santiago así como fidelizar a clientela.

3. Dinámica e Funcionamento

Trátase dunha campaña “aberta”, na que poderán participar todas as persoas consumidoras maiores de idade que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra por calquera importe en comercios locais adheridos á Asociación de Comercio Punto Compostela durante as datas de duración da campaña. Isto é, do 1 ao 21 de outubro de 2026, ambos engadidos. Non poderán participar nesta campaña/sorteo as persoas traballadoras da Asociación Comercio Punto Compostela CCA, nin familiares ata segundo grao dos mesmos, así como os titulares e empregados dos establecementos comerciais con tickets de compra dos seus propios negocios.

A clientela que merque nos comercios asociados nas datas sinaladas (entre o 1 e o 21 de outubro de 2026, ambos engadidos), e que desexen participar na campaña, deberán en todo caso conservar o ticket da compra realizada en ditos establecementos, ou unha fotografía do mesmo, a fin de dispoñer dun xustificante.

3.1. Modalidades de inscrición e rexistro da compra realizada aos efectos de participar no sorteo

Rexistro da compra polo consumidor/cliente

A persoa consumidora poderá rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo a través da plataforma/dirección web habilitada a tal efecto e denominada www.mercaeganasantiago.com, efectuando o correspondente rexistro da operación de compra realizada no comercio local de Compostela integrado na Asociación de comercio Punto Compostela CCA, que lle dará dereito a 1 participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra realizada e a persoa consumidora ou usuaria.

So se poderá facer un rexistro por compra e cada operación de compra rexistrada equivale a 1 participación no sorteo. Así, cantas máis compras se fagan nos comercios adheridos, máis participacións se poderán obter e máis posibilidades de gañar un dos premios sorteados.

Para rexistrar debidamente cada unha das compras realizadas, aos efectos de participar nesta campaña e optar aos premios que se sortearán dentro da mesma, os consumidores deberán facilitar os seguintes datos no momento de realizar o rexistro de cada compra:

  • Nome completo e apelidos.
  • DNI ou NIE.
  • Teléfono móbil
  • Código postal de residencia.
  • Data na que se efectuóu a compra.
  • Comercio onde realizaron a compra.
  • Adxuntar copia do ticket da compra efectuada.

Así mesmo, os consumidores poderán rexistrarse na plataforma web e obter unha conta de usuario para acceder a unha zona privada onde xestionar os seus datos persoais e a información de privacidade, rexistrar compras de maneira máis sinxela, consultar todas as compras rexistradas e poder modificalas, e máis funcionalidades específicas para consumidores rexistrados.

Os datos facilitados polos consumidores serán tratados pola entidade organizadora cumprindo tódolos protocolos e toda a normativa vixente de protección de datos, tal e como se recolle no apartado “8. Protección de datos”.

Cada compra debidamente rexistrada por cada consumidor e que cumpra cos requisitos destas bases, dará dereito a unha participación no sorteo desta campaña promocional, pero cada consumidor terá dereito a obter un único premio de tódolos sorteados, e no caso de ser agasallado cun premio no curso da realización do sorteo, xa non terá opción a obter máis premios. Cantas máis compras fagan no pequeno comercio adherido á Asociación organizadora, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.

Rexistro da compra polo comerciante

O comerciante pode participar activamente nesta campaña/sorteo rexistrando as compras dos seus consumidores/clientes a través da plataforma/dirección web habilitada a tal efecto e denominada www.mercaeganasantiago.com. Para elo, debe rexistrarse na plataforma web proporcionando os datos requeridos en relación ao seu comercio (proceso detallado no apartado “3.2. Rexistro dos comerciantes”), e posteriormente efectuando o correspondente rexistro da operación de compra realizada no seu establecemento comercial. Esta modalidade dá ao consumidor/cliente a posibilidade de obter 2 participacións no sorteo por cada operación de compra rexistrada. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra realizada e o cliente ou consumidor.

Para rexistrar debidamente cada unha das compras realizadas, aos efectos de participar nesta campaña e optar aos premios que se sortearán dentro da mesma, os consumidores deberán facilitar ao comerciante os seguintes datos no momento de realizar o rexistro de cada compra:

  • Nome completo e apelidos.
  • DNI ou NIE.
  • Teléfono móbil
  • Código postal de residencia.

De igual maneira, os datos facilitados polos consumidores e comerciantes serán tratados pola entidade organizadora cumprindo tódolos protocolos e toda a normativa vixente de protección de datos, tal e como se recolle no apartado correspondente destas bases.

Cada compra debidamente rexistrada por cada comerciante e que cumpra cos requisitos destas bases, dará dereito a duas participación no sorteo desta campaña promocional, pero cada consumidor terá dereito a obter un único premio de tódolos sorteados, e no caso de ser agasallado cun premio no curso da realización do sorteo, xa non terá opción a obter máis premios.

4. Premios

OS PREMIOS A SORTEAR NESTA CAMPAÑA consistirán en TARXETAS PREPAGO de ABANCA, debidamente personalizadas coa imaxe da campaña, e que os consumidores que resulten agraciados, deberán utilizar para realizar novas compras única e exclusivamente no comercio local integrado na Asociación Comercio Punto Compostela CCA. Deste xeito, cúmprese o fin último da campaña de incentivar o consumo e incrementar as compras no pequeno comercio de proximidade.

No sorteo telemático, detallado no apartado 5 destas bases, sortearanse os seguintes premios entre tódolos consumidores participantes e debidamente rexistrados, tal e como se recolle nas presentes bases:

  • 5 tarxetas prepago por importe de 200€ cada unha delas.
  • 20 tarxetas prepago por importe de 100€ cada unha delas.
  • 1 tarxeta prepago por valor de 1000€. (SORTEO PRESENCIAL)
  • 2 tarxetas prepago por valor de 500€. (SORTEO PRESENCIAL)

Importe total dos premios a sortear: 5.000€ IVE engadido.

TARXETAS PREPAGO REGALO

Os consumidores que resulten agasallados neste sorteo deberán utilizar estas tarxetas prepago para mercar no comercio local integrado na Asociación Comercio Punto Compostela CCA, coas seguintes condicións:

  • A data límite para gastar o importe das tarxetas prepago e o 31 de decembro de 2026 engadido.
  • As tarxetas prepago non poderán ser empregadas para comprar a través de internet.

Cada consumidor/cliente participante na campaña poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cunha destas tarxetas prepago xa non poderá optar a ningun outro premio máis nesta mesma edición, podendo obter polo tanto cada consumidor unha única tarxeta prepago dun dos importes indicados con anterioridade. Non poderán resultar agraciados neste sorteo os comerciantes e os seus empregados participantes na campaña que rexistren compra como clientes usando os tickets do seu propio establecemento comercial para participar, nin tampouco os empregados da entidade organizadora nin familiares ata segundo grao dos mesmos. Os consumidores agraciados deberán ser todos maiores de idade.

Asimesmo, só poderá saír un premio por establecemento comercial participante. Isto é, que no caso de que resultara premiado un dos clientes dun comercio cun ticket de compra feita no mesmo e de novo resultase agraciado nesta mesma edición un novo cliente do mesmo establecemento con outro ticket de compra realizada neste mesmo comercio; pasarase ao suplente correspondente, e así sucesivamente, de tal forma que se distribúan os premios máis equitativamente e se dean máis oportunidades para que todos os clientes de todos os establecementos participantes podan ter a opción de obter un agasallo.

Entrega dos premios

A entrega das tarxetas prepago aos agraciados será realizada nun acto de entrega de premios, que terá lugar o 29 de outubro de 2026, no local da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). En caso de existir calquera modificación relativa á entrega dos premios, a organización notificará fehacientemente aos agraciados a modalidade alternativa que se decida.

Consultar as condicións e métodos de publicación e aceptación dos premios no apartado “5. Realización do sorteo”, sección “TARXETAS PREPAGO REGALO”.

TARXETAS PREPAGO PRESENCIAIS

Ademais dos premios establecidos na presente campaña, incorporarase un sorteo adicional presencial, mediante formato de urna ou similar, de 3 tarxetas máis (1 tarxeta de 1000€ e 2 tarxetas de 500€), cuxa participación está suxeita ás seguintes condicións específicas:

  • Poderán participar tódalas persoas consumidoras que asistan presencialmente ao acto de entrega de premios da campaña, que terá lugar o 29 de outubro de 2026, no local da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
  • Para poder participar, os asistentes deberán acreditar ante a organización, mediante ticket ou factura, unha compra realizada no comercio local asociado entre o 1 de outubro de 2026 e ata o momento do inicio do acto de peche de campaña o día 29 de outubro de 2026 cun importe maior ou igual a 20€. Con isto, entregaráselle unha matriz a cada participante (ata completar aforo) Seguidamente, serán elixidas da urna onde estén todas as matrices as persoas agraciadas, seguindo unha orde de extracción de: primeiro, as dúas tarxetas de 500€ e por último o premio de 1000€.
  • Poderán participar neste sorteo e resultar gañadoras, únicamente as persoas que asistan presencialmente ao acto de entrega de premios, aínda que o fagan en representación acreditada doutra persoa premiada. Quedan excluidos de participar os directivos e empregados da Asociación de Comercio Punto Compostela CCA, así como os directivos e empregados das distintas federacións e/ou asociacións/entidades participantes na campaña.
  • Unha vez a persoa foi premiada, non poderá ser novamente premiada.

As tarxetas de premio valoradas nun importe de 500, 500 e 1000 euros terán que ser empregadas polas persoas gañadoras en novas compras, cumprindo as seguintes condicións:

  • Deben facerse nunha única xornada de compras, na data sinalada pola organización e nun período de 4 horas.
  • Efectuaránse exclusivamente en establecementos comerciais adheridos á Asociación de comercio Punto Compostela.
  • O gasto do importe das tarxetas terá que ser como máximo de 200€ en cada un dos establecementos asociados.
  • As persoas gañadoras serán acompañadas aos establecementos por membros da directiva da asociación organizadora.

5. Realización do sorteo

TARXETAS PREPAGO REGALO

O SORTEO terá lugar en data de 23 de outubro de 2026, ás 12.00 horas, de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata rematar a totalidade de premios dispoñibles para sortear na campaña que se detallan no apartado “4. Premios”.

A realización telemática do sorteo polo sistema referido non será aberta ao público, sendo o resultado do mesmo comunicado aos agraciados polos medios que determine a organización e que permitan deixar constancia da notificación fehaciente aos consumidores que resulten premiados.

No mesmo acto de realización do SORTEO TELEMÁTICO, ademais das persoas elexidas como agraciadas en primeiro lugar, e seguindo o mesmo sistema telemático, serán elexidas tamén aleatoriamente o seguinte número de reservas, para o caso de que algunha das premiadas non cumpra as condicións ou requisitos desta campaña detallados nas presentes bases reguladoras:

  • 3 reservas para as tarxetas prepago valoradas en 200€.
  • 10 reservas para as tarxetas prepago valoradas en 100€.

A entrega das Tarxetas Prepago as persoas agraciadas será realizada na modalidade que acorde a organización, unha vez realizado o sorteo, sendo todos os agraciados fehacientemente notificados a tal fin, mediante comunicación persoal.

En calquera caso, comunicaráselles as persoas agraciadas previamente e coa antelación suficiente no seu caso, a modalidade acordada para a entrega dos premios. No caso de que algunha persoa agraciada non se presente a recoller o premio correspondente, unha vez notificado fehacientemente e convocada a tal efecto, entenderase que renuncia ao mesmo a tódolos efectos, salvo que a persoa xustifique a súa ausencia ante a organización por causa de forza maior allea á súa responsabilidade, e proceda a nomear neste caso a unha persoa representante que o recolla no seu nome, que deberá acudir a dita entrega debidamente identificada e autorizada pola agraciada segundo indicacións da organización.

TARXETAS PREPAGO PRESENCIAIS

Entre os consumidores/participantes que asistan presencialmente ao acto de entrega de premios da campaña, sortearase 3 tarxetas agasallo (1 tarxeta de 1000€ e 2 tarxetas de 500€).

O sorteo realizarase entre todos os asistentes que cumpran os requisitos mencionados no apartado “4. Premios”, sección “TARXETAS PREPAGO PRESENCIAIS” das presentes bases, mediante un sistema aleatorio de extracción en urna ou procedemento equivalente, garantindo a transparencia e aleatoriedade.

Este sorteo adicional non afecta á participación no resto de premios da campaña, sendo unha acción extraordinaria e independente, destinada a premiar a implicación e fidelidade dos consumidores que apoian o comercio local compostelán e acoden ao evento final de peche da campaña.

6. Fiscalidade

Os premios enténdense como cantidades brutas, suxeitas ás retencións que establece a lei vixente; polo tanto, a dita retención aplicarase automáticamente nos supostos que proceda.

A entidade organizadora realizará tódolos trámites pertinentes para a comunicación previa desta campaña ao servizo de XOGOS, encargándose asimesmo da liquidación das pertinentes taxas perante Facenda Autonómica (12% do valor económico total do sorteado)

7. Bases

Estas bases serán depositadas ante notario, e asimesmo estarán a disposición de tódolos consumidores interesados en participar e que desexen consultalas na páxina web www.diasazuis.com.

A mera participación nestes sorteos supón a plena aceptación das presentes bases que rexen a campaña, así como de todo o disposto nas mesmas a tódolos efectos. O incumprimento destas bases supón a privación de todos os dereitos que podan derivar da participación na campaña.

8. Protección de datos

De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de Abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, CIF G27170158, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es. Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa: CDMON, con domicilio en Malgrat de Mar, 08380 de Barcelona, c/ Girona 81-83, Local 6, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable.

Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con tódalas garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.

A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.

O titular dos datos subministados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar.

O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.

9. Dereito de modificación

A Asociación Comercio Punto Compostela resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como o de suspender a campaña/sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.