Sigue en

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Presentación da campaña Merca e gaña 25

Presentación da campaña Merca e gaña 25

O pasado xoves, 28 de agosto, tivo lugar a presentación da campaña Merca e gaña 25 na que participaron no vicepresidente da entidade, José Antonio Alvite, a vocal María Fraga e a tesoureira Curru Barreiro Villar.

Nesta campaña repartimos 5000€ en premios, aos que poden optar os clientes que merquen nos comercios asociados:

 

É moi sinxelo: 

  1. Escaneao o código QR ou entra en https://www.mercaeganasantiago.com e rexistra a túa compra para participar no sorteo.
  2. Unha vez rexistrado o teu ticket seguindo os pasos, gárdao ou sácalle unha foto para non perdelo.
  3. Con cada compra nos comercios asociados podes rexistrar o teu ticket e obter unha participación. Cantas máis participacións, máis oportunidades tes de gañar un dos moitos premios.