Sigue en

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Merca con Corazón en Santiago

Merca con Corazón en Santiago

A Asociación Comercio Punto Compostela pon en marcha a campaña “Merca con Corazón” con motivo do Día de San Valentín ❤️, co obxectivo de impulsar o comercio local de Santiago de Compostela. Durante a campaña, todas as persoas que realicen compras nos comercios participantes recibirán como agasallo unha caixiña de doces 🍬, creando unha experiencia de compra especial, romántica e chea de sabor.

Baixo o lema “Namórate de Santiago e do seu Comercio Local”, esta iniciativa anima a apoiar os negocios de proximidade 🤝 e a gozar do encanto único da cidade. A listaxe de comercios participantes pode consultarse na web e nas redes sociais da asociación 📲.