Sigue en

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Comercio Punto Compostela súmase ao I Barómetro Empresarial de Santiago e a súa Área de Influencia

Comercio Punto Compostela súmase ao I Barómetro Empresarial de Santiago e a súa Área de Influencia

Comercio Punto Compostela súmase á difusión do I Barómetro Empresarial de Santiago e a súa Área de Influencia, unha iniciativa impulsada por Grupo Fisela e Santiago en Vivo para coñecer de primeira man a realidade, as necesidades e as perspectivas do tecido empresarial de Santiago e a súa contorna.

O Barómetro entra xa na súa recta final de participación, polo que desde Comercio Punto Compostela animamos aos comercios e empresas de Santiago e da súa área de influencia a achegar a súa visión e contribuír a obter unha fotografía o máis representativa posible da realidade empresarial do territorio.

A enquisa é totalmente anónima e confidencial, complétase en só 3 minutos e permanecerá aberta ata o 30 de setembro.

👉 PARTICIPA NO BARÓMETRO

Enquisa I Barómetro Empresarial de Santiago e a súa Área de Influencia

A túa empresa ten moito que dicir. Dálle voz.