Sigue en

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Éxito da xornada “Merca e Gaña25”: máis de 2.000 euros en compras nun só día

Éxito da xornada “Merca e Gaña25”: máis de 2.000 euros en compras nun só día

Esta mañá celebrouse con gran éxito a xornada de compras “Merca e Gaña25”, organizada pola Asociación Comercio Punto Compostela. Os/as gañadores/as das tarxetas prepago —dúas de 500 euros e unha de 1.000 euros— puideron desfrutar dunha intensa sesión de compras nos establecementos pertencentes á asociación, gastando os seus premios nunha soa xornada.


A actividade contou coa presenza de membros da Directiva da Asociación, que acompañaron aos premiados/as ao longo do seu percorrido polos comercios asociados. Foi unha xornada marcada pola ledicia, a participación activa e o apoio ao comercio local.

Con iniciativas como esta, Comercio Punto Compostela segue a reforzar o seu compromiso coa dinamización do pequeno comercio, fomentando a fidelización da clientela e premiando a súa confianza