Día do pai
O próximo 1 de marzo comeza a campaña do día do pai! Todos os comercios asociados contan cun pack divertido para a celebración do 19 de marzo. Por iso os agasallos que se merquen nos establecementos de Comercio Punto Compostela CCA (ata final de existencias) poderán ir decorados con adornos para photcall pegados cun adhesivo da campaña. Con estes adornos tanto clientela coma persoas socias poderán sacar fotos divertidas e compartilas en redes sociais cos hagtag:
#papámercaanocomerciolocaleeutaménporquefaicidade #estamosaoteulado
#OComercioLocalFaiCidade
#comerciolocal
#agasallamercandonocomerciolocal
#comerciogalicia
#comerciopuntocompostela
#comerciosantiago
Compartiremos todas as fotos nas redes sociais da asociación para crear unha gran celebración da compra de agasallos para o día 19 de marzo no comercio local de Santiago de Compostela!
PAPÁ MERCA NO COMERCIO LOCAL E EU TAMÉN, PORQUE FAI CIDADE!