Sign In

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Campaña dos namorados do 31 de xaneiro ao 14 de febreiro

Campaña dos namorados do 31 de xaneiro ao 14 de febreiro

A Asociación Comercio Punto Compostela CCA. celebra a campaña dos namorados entre o 31 de xaneiro e o 14 de febreiro

O presidente da Asociación Comercio Punto Compostela CCA., José Antonio Seijas, quere dar a coñecer esta nova campaña de dinamización do comercio local “Namórate de Santiago e do seu comercio local”.

Trátase dunha nova campaña de dinamización do comercio local con motivo do día dos namorados que ten por obxectivo potenciar, fomentar, estimular e impulsar o comercio de proximidade de Santiago de Compostela; poñendo en valor o seu importante papel económico e social.

A edición do día dos namorados de 2024 “Namórate de Santiago e do seo comercio local” comezará o día 31 de xaneiro ata o día 14 de febreiro onde participan todos os nosos comercios asociados. Durante estas datas, a clientela que merque nos establecementos ascociados a Comercio Punto Compostela CCA. recibirán un detalle en forma de tarxeta a cal, ademais de levar a mensaxe da campaña, conterá un bombón de chocolate con forma de  corazón. 

A tarxeta repartirase ata final de existencias.

Esta campaña está organizada por la Asociación Comercio Punto Compostela CCA. e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, Colaborando a Federación Gallega de Comercio.

Campaña dos namorados