Sign In

Novas

Novas de Comercio punto Compostela
Bonos corazón Compostela 2022

Bonos corazón Compostela 2022

O programa de Bonos Corazón Compostela 2022 é unha iniciativa do Concello de Santiago para incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería local.

Cada cliente poderá descargar ata 3 bonos cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante. Hai tres tipos dispoñibles:

  • Bono de 75 € (IVE incluído): 45 € ponos a persoa usuaria, 30 € o Concello.
  • Bono de 50 € (IVE incluído): 30 € ponos a persoa usuaria, 20 € o Concello.
  • Bono de 30 € (IVE incluído): 18 € ponos a persoa usuaria, 12 € o Concello.

Pódese escoller libremente entre calquera das modalidades e tamén solicitar máis dun bono da mesma clase.

O importe dos bonos irase consumindo nas compras de bens ou de servizos que se realicen nos establecementos adheridos ao programa antes do 10 de decembro de 2022, ata esgotar o saldo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *