Boletín Asociación Comercio Punto Compostela CCA.
Estamos a tope de ENERXÍA para o 2024 e a
asociación vén cargada cunha novidade explosiva para todas as persoas membros
da asociación! Agarrádevos ben, ímosvos presentar… un BOLETÍN DE NOVAS que
fará voar as vosas cabezas!
Neste boletín revelaremos todas as accións e segredos que a asociación está
a tramar na sección DESCOBRE AS NOVAS QUE MARCARON O PRIMEIRO TRIMESTRE DO
ANO!: desde CAMPAÑAS que vos deixarán coa boca aberta
ata ACTIVIDADES que vos farán saltar da cadeira e FORMACIÓNS que
non poderedes deixar escapar por nada do mundo. Espectacular!
Outra sección será: ATENCIÓN SOCI@S! IDEAS QUE PODEN SER INTERESANTES PARA
TI! Un espazo especial reservado para vós, as persoas socias, no que atoparedes
novas que vos farán tremer de emoción. Todas as VANTAXES que
atopemos dende a asociación serán publicadas, como o caso dos descontos para as
persoas co carné +65. Tódalas vantaxes das que poidades desfrutar para atraer a
clientela! Pois si, neste boletín atoparédelas. O obxectivo é que teñades
toda a INFORMACIÓN a un clic de distancia, SEMPRE
DISPOÑIBLE para vós na nosa web.
E para rematar, temos un ESPAZO INTERACTIVO: COMPARTE,
CONECTA E CREA: o Teu Espazo para Intercambiar Ideas con Outr@ Soci@s! onde a túa
creatividade será a protagonista. Tes ideas novas que desexas compartir?
Propostas para facer da nosa asociación un lugar aínda máis incrible? Desde
descontos en servizos para as persoas asociadas a Comercio Punto Compostela
CCA, ata ideas de colaboracións con outros establecementos (como a acción de
“12 meses, 12 sensibilidades”, por exemplo).
Calquera idea é benvida! Adiante!
Enviade a secretaria@elcomerciodegalicia.com todo o que
queirades compartir con nós e as demais persoas socias e fagamos que isto sexa
un saco de ideas xeniais.
O obxectivo aquí é abrir as portas á innovación, á participación e, sobre
todo, á asociación máis aínda entre nós!