A Maxia do Nadal chega ao noso Comercio Local da man de AGADEA!
Asociación Comercio Punto Compostela CCA únese un ano máis a AGADEA (Asociación Galega de Axuda ás Persoas con Demencia) para pór en marcha unha iniciativa chea de corazón, creatividade e espírito comunitario nestas festas: a nosa Campaña de Nadal!
Un Nadal con Significado . Esta campaña é moito máis que decoración.
É unha oportunidade para: Valorar a Creatividade: As persoas usuarias de AGADEA demostran o seu talento e habilidades, realizando con moito agarimo uns fermosos elementos decorativos de Nadal e unhas orixinais etiquetas de agasallo .
- Tecer Redes Comunitarias: Queremos estreitar lazos coa nosa comunidade, fomentando unha rede social de apoio e colaboración.
- Derribar Estereotipos : Facemos visible que máis aló dun diagnóstico, son moitas as cousas que se poden seguir facendo e que o seu potencial e creatividade son inmensos. Os establecementos colaboradores expoñen o elemento decorativo creado por AGADEA e utilizan as etiquetas de agasallo para as súas compras, sumándose así a esta onda de visibilidade e afecto. O único compromiso é mostrar con orgullo esta colaboración!
Comercios Colaboradores – Grazas por Sumarvos á Maxia!
- Estanco Brañas Boulevard
- Energia Zen
- Gimnasio espagat
- MFB Boutique
- Merceria Palacio
- A Tenda da Caldeireiria
- Centro óptico MV
- Libraria Pedreira
- Atmósfera centro deportivo
- D’Aldea
- Estética Bolboreta
- Sumptuos
- Federópticos Ponte Castro
- Joyería José Antonio,
- Chafaris
- Peluquería Merche y Mara,
- Veguay
- Papelería Xaquín
- Charcutería seco
- Marín y Durán
- Cousalinda
- Mimolett
- Mónica Picallo peluqueria
Buscade os detalles decorativos únicos nos escaparates e mostradores destes establecementos e axudade a que a mensaxe de AGADEA chegue a cada recuncho!




