Bases Sorteo Outono Rico Rico
CAMPAÑA DE OUTONO RICO RICO “COMERCIO PUNTO COMPOSTELA CCA.”
- CAMPAÑA OUTONO RICO RICO. SORTEO DÚAS CEAS
A campaña de Outono Rico Rico é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Asociación de Comerciantes Punto Compostela CCA dirixida aos comercios de Santiago de Compostela integrados na Asociación.
Esta campaña promocional iniciarase en data de 9 de setembro de 2024 e ramatará 13 de outubro de 2024 (ambas datas engadidas), e o seu ámbito é o Concello de Santiago, podendo participar todas as persoas consumidoras que merquen nos establecementos integrados na Asociación de Comerciantes Punto Compostela CCA, segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases e cumprindo todo o disposto nas mesmas.
- O OBXECTIVO FUNDAMENTAL DA CAMPAÑA.
O noso obxectivo fundamental é crear un ambiente favorable para incentivar as compras de outono e redirixilas ao comercio local. Esta campaña promocionará as nosas señas de identidade tradicionais e básicas: o trato directo e personalizado, a especialización, a proximidade, o asesoramento, a variedade e calidade de produtos e servizos. Todo elo a fin de incentivar o consumo no comercio local e reactivar a economía no noso sector.
Así, nesta campaña premiarase a confianza das persoas consumidoras que aposten polos comercios asociados á Asociación Comercio Punto Compostela, incrementando deste xeito as vendas e incentivando o consumo no comercio local, aproveitando ao mesmo tempo a afluencia de visitantes que ten habitualmente este Concello.
- A DINÁMICA E FUNCIONAMENTO DESTA CAMPAÑA É A SEGUINTE.
Trátase dunha campaña “aberta”, na que poderán participar todas as persoas consumidoras maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra por calquera importe en comercios locais retallistas integrados na Asociación Comercio Punto Compostela CCA, sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña, isto é, do 9 de setembro de 2024 ó 13 de outubro de 2024, ambas datas engadidas.
Non poderán participar nesta campaña/sorteo as persoas traballadoras da Asociación Comercio Punto Compostela CCA, nin as titulares ou traballadoras dos comercios participantes con tickets dos seus propios establecementos, así como tampouco familiares ata segundo grao de todos os anteriores.
Así pois, as persoas consumidoras que merquen nos comercios asociados nas datas sinaladas (entre o 9 de setembro de 2024 ó 13 de outubro de 2024 ambos engadidos ), e desexen participar na campaña, A MODALIDADE DE INSCRIPCIÓN E REXISTRO DAS COMPRAS REALIZADAS AOS EFECTOS DE PARTICIPAR NO SORTEO, É A SEGUINTE:
A persoa consumidora maior de idade poderá rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo a través dun boleto que se lle entregará no comercio no momento da compra, sempre que se realice nos comercios de Santiago de Compostela integrados na Asociación Comercio Punto Compostela CCA., tendo o boleto que se lle entrega á persoa consumidora dúas partes: a matriz onde constará o nome completo e teléfono de contacto facilitado pola propia persoa consumidora aos efectos desta campaña, matriz que gardará cada establecemento comercial asociados participante, aos efectos de depositar todas as matrices dos boletos das persoas participantes que cumpran os requisitos, na urna que se habilitará para a realización do sorteo, e a persoa consumidora recibirá a outra metade do boleto pola súa compra, onde constará a mesma numeración que na matriz, e que a persoa consumidora deberá conservar ata a data do sorteo, xa que no caso de resultar gañadora na data do sorteo, deberá mostrar a súa parte do boleto, que lle foi entregada ao realizar a súa compra, comprobando a organización nesta data do sorteo, que os números do boleto da persoa consumidora que resulte agraciada, coinciden cos números da matriz do boleto premiado que sexa extraída da urna habilitada a tal fin.
Cada persoa consumidora só poderá obter un boleto por operación de compra nos comercios asociados, e cada un dos boletos equivale a 1 participación. Cantas máis compras fagan nos comercios adheridos, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.
- REALIZACIÓN DO SORTEO.
O SORTEO terá lugar en data do mércores 16 de outubro de 2024, ás 12.00 horas, no mercado de La Galiciana (Rúa de Gómez Ulla, 1, Bajo, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña) e terá lugar o sorteo entre tódalas persoas participantes, depositando previamente tódalas matrices aportadas polos comercios asociados das persoas consumidoras que mercaron nos seus comercios nas datas sinaladas, e que teñen dereito a participar segundo o disposto nestas bases, un membro da organización, extraerá aleatoriamente un número de boletos equivalente aos premios que se sortean neste sorteo, e correspondentes ás consumidoras que resulten agraciadas con ditos premios entre todas as participantes, rematando o sorteo, cando sexan extraídos todos os boletos premiados, ata cubrir a totalidade de premios dispoñibles para sortear nesta campaña.
A realización do sorteo polo sistema referido, non será aberta ao público, sendo o resultado do mesmo comunicado as persoas agraciadas polos medios que determine a organización, e que permitan deixar constancia da notificación realizada fehacientemente.
- Premio
O premio deste sorteo consiste en duas ceas para duas personas con menú degustación nos restaurantes Casa Marcelo e A Tafona valoradas en 250€ cada unha.
A finalidade destes premios, é agradecer ás persoas consumidoras que resulten agraciadas, a confianza depositada nos comercios da Asociación ó mercar os agasallos para as súas persoas queridas no comercio local de Compostela. Deste xeito cúmprese o fin último da campaña de fidelizar a clientela do pequeno comercio de proximidade.
RESERVAS:
No mesmo acto de realización do SORTEO, ademáis das persoas elexidas como agraciadas dos premios, serán elexidas tamén aletatoriamente o seguinte número de reservas, para o caso de que a persona premiada non cumpra as condicións ou
requisitos desta campaña detallados nas presentes bases reguladoras:
-3 RESERVAS PARA cada unha das ceas
A ENTREGA DESTES PREMIOS será realizada na modalidade que acorde a organización, antes do 31 de outubro de 2024 e unha vez realizado o sorteo, sendo as persoas agraciadas fehacientemente notificadas a tal fin, mediante comunicación persoal por parte da entidade organizadora.
En calquera caso, comunicaráselles as agraciadas previamente e coa antelación suficiente no seu caso, a modalidade acordada para a entrega dos premios. No caso de que algunha agraciada non se presente a recoller o premio correspondente, unha vez notificado fehacientemente e convocado a tal efecto, entenderase que renuncia ao mesmo a tódolos efectos, salvo que a persoa xustifique a súa ausencia ante a organización por causa de forza maior allea á súa responsabilidade, e proceda a nomear neste caso a unha persoa representante que o recolla no seu nome, que deberá acudir a dita entrega debidamente identificada e autorizada pola agraciada segundo indicacións da organización.
A mera participación nesta campaña supón a plena aceptación destas bases , así como a aceptación de tódalas condicións e requisitos recollidos nas mesmas a tódolos efectos.
1. FISCALIDADE. Os premios a sortear nesta campaña están suxeitos as retencións tributarias pertinentes segundo a normativa vixente, que serán a cargo dos agraciados con ditos premios.
2. PROTECCIÓN DE DATOS. De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de Abril do 2016, así como na normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados pola persoa titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade ASOCIACIÓN PUNTO COMPOSTELAPUNTO COMO CCA, provista de CIF G 70571971, e con domicilio social en República Argentina, nº 18, bajo, 15701, Santiago de Compostela; teléfono de contacto 630981257, e mail puntocompostela@comerciogalicia.es
Este ficheiro estará depositado e almacenarase na sede da entidade organizadora do sorteo, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable
Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con tódalas garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.
A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.
O titular dos datos subministados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a ASOCIACIÓN PUNTO COMPOSTELA-PUNTO COMO CCA, provista de CIF G 70571971, e con domicilio social en República Argentina, nº 18, bajo, 15701, Santiago de Compostela; teléfono de contacto 630981257, mail puntocompostela@comerciogalicia.es , na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar. O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.
3. A Asociación Comercio Punto Compostela resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como o de suspender a campaña/sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade