O pasado martes 14 de maio tivemos a oportunidade de gozar da IV Pílula Formativa do 2024. Este vez foi unha formación sobre fotografía de produto e tivemos a sorte de contar con distrito xermar! Alberte e Úrsula son dous grandes profesionais que nos ensinaron pequenos trucos para poder mellorar a imaxe dos nosos produtos e dos nosos comercios. Achegándonos cada vez máis a lograr unha calidade de imaxe que sexa capaz de presentar a calidade dos produtos que todos os nosos comercios asociados ofrecen.
Moitas grazas a todas as persoas asociadas que participaron nesta nova xuntanza e aos profesionais que fixeron un serán de aprendizaxe moi ameno despois dunha longa xornada de traballo!