Bonos corazón Compostela 2022
O programa de Bonos Corazón Compostela 2022 é unha iniciativa do Concello de Santiago para incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería local.
Cada cliente poderá descargar ata 3 bonos cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante. Hai tres tipos dispoñibles:
- Bono de 75 € (IVE incluído): 45 € ponos a persoa usuaria, 30 € o Concello.
- Bono de 50 € (IVE incluído): 30 € ponos a persoa usuaria, 20 € o Concello.
- Bono de 30 € (IVE incluído): 18 € ponos a persoa usuaria, 12 € o Concello.
Pódese escoller libremente entre calquera das modalidades e tamén solicitar máis dun bono da mesma clase.
O importe dos bonos irase consumindo nas compras de bens ou de servizos que se realicen nos establecementos adheridos ao programa antes do 10 de decembro de 2022, ata esgotar o saldo.